ghose, Galician
@ghose@gts.xmgz.eu avatar

#Heliboard ⌨️ :android: #emoji

Suxestión de Emojis en Heliboard

facer que apareza na barra de suxestións o emoji(s) relacionado coa palabra que estamos a escribir

Requerimentos

  • Ir a Axustes, Ortografía, Suxestións e marcar a opción Mostrar suxestións de corrección.

Optativo, e recomendo, desactivar Corrección Automática.

Hai dous métodos, complementarios:

Método 1

Máis lento inicialmente pero en realidade abonda para o 99% dos casos, porque repetimos sempre os mesmos emojis. Se non sabes inglés pois é o método recomendado.

  • Imos a Axustes > Ortografía > Dicionario Peroal
  • Seleccionamos o Galego (ou Para todos os idiomas, da igual)
  • Abre unha pantalla onde abaixo prememos en Engadir Unha Palabra +
  • Onde pon Escribe unha palabra engadimos o emoji que queremos (co teclado). Exemplo: ☁️
  • En Atallo, engadimos a "clave" ou "palabra" que fará que se mostre a suxestión. Exemplo: "nub". Algo que non sexa moi restrictivo, así vale para nube, nubrado, nubosidade, cuberto, ...

e xa estaría! Imos a escribir algo nun cadro de texto de calquera aplicación e se escribimos "nub" veremos que na barra de suxestións aparece

Engades á man esa ducia de emojis que usas con frecuencia e xa estaría.

Método 2

engadimos o dicionario inglés experimental, que polo visto funciona mellor neso de suxerir emojis (eu non probei cos dous, fun directo a este).

podes engadir o de castelán se queres ou te apañas mellor que co de inglés, pero igual te lía máis, ti verás.

  • En _Idiomas e Disposicións*: activar o Galego e premer no seu nome para a) en Escritura en varios idiomas b) engadir o Inglés (ou o Castelán)

para que apareza a suxestión deberemos escribir a palabra en inglés que está relacionada co emoji. No exemplo proposto: "cloud"

Método 3 (hipotético)

que alguén teña xa un dicionario persoal feito e cho envíe para instalar 😬


isto podería ser unha publicación no blog 🤷‍♂️ ou un vídeo de peertube. Nah! 😅

Licenza: CC BY-SA

:retootOk: #galego #android

  • All
  • Subscribed
  • Moderated
  • Favorites
  • Catroventos
  • DreamBathrooms
  • magazineikmin
  • cubers
  • InstantRegret
  • cisconetworking
  • Youngstown
  • vwfavf
  • slotface
  • Durango
  • rosin
  • everett
  • kavyap
  • thenastyranch
  • mdbf
  • megavids
  • khanakhh
  • modclub
  • tester
  • ethstaker
  • osvaldo12
  • GTA5RPClips
  • ngwrru68w68
  • Leos
  • anitta
  • tacticalgear
  • normalnudes
  • provamag3
  • JUstTest
  • All magazines